Toda Primaria , fixemos o festival no comedor do cole, improvisando un escenario , algo apretuxados,...
pero a pesares de todo, o resultado foi estupendo. Encantounos!!
Logo viñeron os Reis , démoslles as cartas e eles obsequiáronnos cun chupa.
Agora toca descansar e disfrutar das festas.
Ata o 2013!
21/12/12
20/12/12
Máis traballos de Nadal.
Con esto rematamos.
Ata temos uns pingüíns e un osiño polar que viñeron pasar o inverno ao noso cole!!
Ata temos uns pingüíns e un osiño polar que viñeron pasar o inverno ao noso cole!!
19/12/12
Traballos de Nadal.
Fixemos un montón de cousas!
Empregamos diversos materiais e varias técnicas.
Quedaron ben bonitos!!
Felices festas para todos!!!
Empregamos diversos materiais e varias técnicas.
Quedaron ben bonitos!!
Felices festas para todos!!!
18/12/12
Visitamos o Belén.
Encantounos!! Cada ano se superan.
Algúns xa fóramos cos nosos pais, pero como ten tantas cousiñas para ver non nos importou.
As nosas felicitacións para a asociación!!
4/12/12
30/11/12
As nosas casas.
Arredor desta unidade de Coñecemento do Medio fixemos unha morea de cousas:
vimos videos de Youtube,
buscamos fotos en revistas para preparar murais,
fixemos casas co tangram e de papiroflexia,
traballamos poemas, contos,
coñecimos a Van Gogh e o seu cuarto,...
vimos videos de Youtube,
buscamos fotos en revistas para preparar murais,
fixemos casas co tangram e de papiroflexia,
traballamos poemas, contos,
coñecimos a Van Gogh e o seu cuarto,...
22/11/12
A que sabe a Lúa?
Hoxe todo 1º ciclo fomos á aula de usos múltiples para ver a representación do conto A que sabe a Lúa? que nos fixeron os compañeiros de 4º de ESO.
Gustounos tanto que ao remate pedimos máis e quedaron en preparar outro conto para máis adiante.
Dámoslles as grazas por compartir con nós este fermoso conto!
Gustounos tanto que ao remate pedimos máis e quedaron en preparar outro conto para máis adiante.
Dámoslles as grazas por compartir con nós este fermoso conto!
20/11/12
O magosto do cole.
A castaña foi a protagonista: comímola asadiña, fixemos unhas coroas de outono, preparamos os cucuruchos ou as bolsas, fixemos collages,...
16/11/12
Teatro dos Ghazafellos.
Onte fomos ao teatro a Narón 1º, 2º e 3ºde primaria.
Vimos a obra Bon appetit da compañía Teatro dos Ghazafellos.
Tres cociñeiros franceses, De la Sardini, Toucignom e Berenxen, preparan tres pratos e unha sobremesa do libro A cociña galega de Álvaro Cunqueiro.
Durante a preparación da empanada de zamburiñas, o polbo á feira, o lacón con grelos e as filloas de anís, ocorren tantas peripecias, que a risa e a gargallada foron continuas.
Gustounos moitísimo!!

12/11/12
Semana da froita.
Acabamos de celebrar a semana da froita no noso cole.
Cada día tiñamos unha froita para o recreo: mazá, mandarina, ameixa, pera e plátano.
Sabemos que as vitaminas son importantes para estar sans e aínda que algunha froita non nos gustase, fixemos un esforzo e comimos unha pouca.
Cadrounos moi ben en 1º ciclo como remate do estudio dos alimentos. Fixemos murais, debuxos, etc. Sabemos que debemos coidar a nosa alimentación e procurar que sexa variada!

10/11/12
Vexo...
Este pallaso perdeu o seu canciño.
Es quen de atopalo?
O debuxo é de principio do século pasado. Estes pasatempos non pasan de moda!
Podedes atopar máis en Galería de Museo Ilusionario.
O debuxo é de principio do século pasado. Estes pasatempos non pasan de moda!
Podedes atopar máis en Galería de Museo Ilusionario.
9/11/12
Teatro en Narón.
O vindeiro xoves 1º, 2º e 3º imos ao teatro ao auditorio de Narón.
Veremos a obra Bon appétit do grupo Teatro dos Ghazafellos; se queredes saber de que vai premede nas palabras destacadas.
Veremos a obra Bon appétit do grupo Teatro dos Ghazafellos; se queredes saber de que vai premede nas palabras destacadas.
1/11/12
Samaín 2012.
Onte, no cole, celebramos o Samaín.
Os de 1º ciclo fixemos moitas cousiñas: trouxemos preciosas cabazas talladas e decoradas, fixemos murais, pantasmas, carautas de medo, esqueletos, espantallos,...
No recreo unha bruxa boa preparou unha mostra de contos de medo que nos encantou!
Tamén fixemos un percorrido polos corredores do cole para ver as decoracións de Samaín dos outros ciclos, que estaban estupendas!

29/10/12
Pintando o cole
Os nenos de primeiro ciclo de primaria animámonos a facer o cole mais bonito. Para eso coa axuda das profes comezamos a pintar o cole. Fixádevos que alegre vai quedando.
10/10/12
Árbores .
Estamos no outono e algunhas árbores(de folla caduca) van perdendo as súas follas;
outras (de folla perenne) non quedarán espidas.
técnica mixta.
outras (de folla perenne) non quedarán espidas.
técnica mixta.
7/10/12
As laranxas.
Estamos traballando as cores primarias, secundarias,...
Conseguimos o laranxa mesturando vermello e amarelo e estas son as laranxas que pintamos: as laranxas máis laranxas de todas as laranxas!
Que ben o pasamos pintando!
Técnica mixta.
Conseguimos o laranxa mesturando vermello e amarelo e estas son as laranxas que pintamos: as laranxas máis laranxas de todas as laranxas!
Que ben o pasamos pintando!
Técnica mixta.
1/10/12
Maxia para todos.
O venres pasado todo o alumnado de infantil e case toda primaria, fomos ao Casino para ver un espectáculo de maxia.
Disfrutamos e quedamos moi sorprendidos cos números de maxia!
24/9/12
13/9/12
O a minúsculo.
Neste enlace tedes un xogo para practicar o trazo da letra a (clicade na palabra xogo).
Podedes, tamén, practicar o resto das letras, facer puzzles,etc. E neste tamén practicamos o trazo das letras minúsculas.
Podedes, tamén, practicar o resto das letras, facer puzzles,etc. E neste tamén practicamos o trazo das letras minúsculas.
12/9/12
4/9/12
A toupiña.
Xa empezou setembro e dentro dus días comeza o cole; algúns cambiamos de ciclo, aula, profe,...
Con esta cantiga lembramos o simpático conto da toupiña que tanto nos gusta.
24/6/12
Festa de fin de curso.
O venres despedimos o curso no pavillón primaria e secundaria xuntos.
Alumnado de secundaria bailou varias coreografías e as campionas galegas de ximnasia rítmica presentáronnos os seus exercicios.
Foi unha celebración de recoñecemento para o alumnado que acadou premios ,tanto académicos coma deportivos. Noraboa a tod@s!!

23/6/12
Despedida de ciclo.
21/6/12
Os viraventos.
Figura e retrato.
Traballamos a figura tamén cos bonecos pauiño, que son moi graciosos e nos gustan moito.
E para o retrato fixemos un estudio do autorretrato de Frida Kahlo "Pensando na morte", pero decidimos cambiarlle os pensamentos e pintámola pensando nas flores, no amor, na primavera, etc.
Algún tamén a fixo enfadada.
13/6/12
11/6/12
10/6/12
Visita aos bombeiros.
Os catro cursos fixemos unha visita aos bombeiros de Ferrol.
Ademais de falarnos do seu traballo e ensinarnos as instalacións: sala de control, ximnasio, cociña, comedor, etc,
mostráronnos todo o equipo que deben levar cando teñen que apagar un incendio, os camións, a barra pola que baixan, etc.
Todo ben interesante e os bombeiros moi amables con nós.

9/6/12
Crisálida- bolboreta.
O pasado luns xa atopamos algunhas bolboretas.
Ao saír da crisálida, a bolboreta rompe o casulo cunha secreción aceda que separa os fíos da seda.
Nos 3-7 días que vivirá a bolboreta non se alimentará, só buscará parella para efectuar a posta de ovos.
As femias expulsan un líquido alaranxado, son máis grandes e moven menos as súas ás. As bolberetiñas non voan.
Os oviños esperarán ata a primavera que vén. E volta a empezar!!
5/6/12
2/6/12
Carnaval dos animais.
Este xoves, case toda primaria e infantil, fomos ao conservatorio de Caranza para disfrutar dun concerto.
@s profes do conservatorio interpretaron o "Carnaval dos animais" de Camillle Saint-Saëns.
Unha chea de animais desfilaron polo escenario ao compás da música: elefante, burros, cisne, paxariños, peixes,...
Gustounos tanto que ao remate pedimos máis e aplaudimos con entusiasmo aos músicos.
Se queredes disfrutar da música outra vez aquí tedes este video.

22/5/12
Dominicus, o dragón.
Podedes ler a descrición do dragón Dominicus, de Antón Cortizas, na fotomontaxe.
20/5/12
Sesión de astronomía.
Os dous últimos mércores, os catro cursos de 1º ciclo, tivemos unha clase de astronomía co profe Jorge de secundaria.
Como sabía que traballaramos o sistema solar, convidounos á sua clase para ver na pizarra dixital uns programas ben interesantes: as órbitas dos planetas, o día e a noite, as estrelas e as constelacións,... foron algunhas das cousas que nos explicou.
Nótase que é un entusiasta da astronomía e soubo transmitirnos ese entusiasmo a todos nós. Moitas grazas, Jorge!!

17/5/12
Mural das LETRAS GALEGAS.
Este é o mural que fixemos en primeiro ciclo para Valentín Paz Andrade; unha marea de palabras relacionadas co medio mariño, xa que Valentín tiña esa forte relación co mar.
Tamén traballamos unha pequena unidade didáctica para coñecer cousas da súa vida e da súa obra que, xunto co informativo das rapazas de 6º, nos aproximan á figura deste autor.
15/5/12
Semana das Letras Galegas.
Este informativo realizárono as compañeiras de 6º para homenaxear a Valentín Paz Andrade.
Quedoulles fermosísimo! Noraboa rapazas!! Felicidades Yoli; estupendo traballo!!
Quedoulles fermosísimo! Noraboa rapazas!! Felicidades Yoli; estupendo traballo!!
14/5/12
Punver - Semana das Letras Galegas.
Nesta semana das Letras galegas, a biblioteca preparounos este encontro con Eduardo Hermida, ilustrador deste fermoso conto en verso de Yolanda Castaño.
Punver é un verme punki e moi despistado con cresta, colar, cazadora de coiro e saia escocesa
Despois de lernos o conto, Eduardo deunos unhas fotocopias de Punver con varias pezas de roupa para colorear, recortar e xogar.

12/5/12
Facendo os casulos.
Por fin, este venres ao chegar ao cole atopamos os primeiros casulos.
De momento só hai dous nunha caixa e dous noutra. O luns seguro que atoparemos moitos máis!
Xa empezabamos a estar preocupados porque agora comen moitísimo e non hai follas
de moreira que lles cheguen.
de moreira que lles cheguen.
As orugas buscan un lugar seco onde fabricar o casulo para a fase de pupa ou crisálida.
Os casulos poden ser brancos, amarelos, verdes, vermellos, laranxa,...
A larva emprega o almidón das follas de moreira transformado en DEXTRINA polo seu metabolismo, para producir fío de seda. O material líquido no interior do seu corpo, solidificarase no exterior.
Xirando sobre si mesma, fabricará arredor do seu corpo un casulo cun único fío de seda de ata 1.500 m. de largo. Tarda entre 2-3 días. O vaciamento das glándulas de seda incita á pupación, que dura arredor de 20 días.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)