4/4/12

Naceron as eirugas!

O venres 30 de marzo, antes de marchar de vacacións, miramos as caixas para ver se saíran as eiruguiñas.

Xa estaban todas buscando comida desesperadamente.
Puxémolas nunha nova caixa con follas de leituga para empezar (aínda non tiñamos follas de moreira).

Parece imposible que duns oviños que puxeron as bolboretas a primavera pasada saian agora unhas eirugas cheas de vida.

A Natureza e os seus prodixios!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario