20/5/12

Sesión de astronomía.

Os dous últimos mércores, os catro cursos de 1º ciclo, tivemos unha clase de astronomía co profe Jorge de secundaria.
Como sabía que traballaramos o sistema solar, convidounos á sua clase para ver na pizarra dixital uns programas ben interesantes: as órbitas dos planetas, o día e a noite, as estrelas e as constelacións,... foron algunhas das cousas que nos explicou.
Nótase que é un entusiasta da astronomía e soubo transmitirnos ese entusiasmo a todos nós. Moitas grazas, Jorge!!

17/5/12

Mural das LETRAS GALEGAS.

Este é o mural que fixemos en primeiro ciclo para Valentín Paz Andrade; unha marea de palabras relacionadas co medio mariño, xa que Valentín tiña esa forte relación co mar. Tamén traballamos unha pequena unidade didáctica para coñecer cousas da súa vida e da súa obra que, xunto co informativo das rapazas de 6º, nos aproximan á figura deste autor.

15/5/12

Semana das Letras Galegas.

Este informativo realizárono as compañeiras de 6º  para homenaxear a Valentín Paz Andrade.

Quedoulles fermosísimo! Noraboa rapazas!! Felicidades Yoli; estupendo traballo!!

14/5/12

Punver - Semana das Letras Galegas.

Nesta semana das Letras galegas, a biblioteca preparounos este encontro con Eduardo Hermida, ilustrador deste fermoso conto en verso de Yolanda Castaño.

Punver é un verme punki e moi despistado con cresta, colar, cazadora de coiro e saia escocesa
Despois de lernos o conto, Eduardo deunos unhas fotocopias de Punver con varias pezas de roupa para colorear, recortar e xogar.


12/5/12

Facendo os casulos.

Por fin, este venres ao chegar ao cole atopamos os primeiros casulos. De momento só hai dous nunha caixa e dous noutra. O luns seguro que atoparemos moitos máis! Xa empezabamos a estar preocupados porque agora comen moitísimo e non hai follas
de moreira que lles cheguen.
3ª fase -CRISÁLIDA.
As orugas buscan un lugar seco onde fabricar o casulo para a fase de pupa ou crisálida.
Os casulos poden ser brancos, amarelos, verdes, vermellos, laranxa,...
A larva emprega o almidón das follas de moreira transformado en DEXTRINA polo seu metabolismo, para producir fío de seda. O material líquido no interior do seu corpo, solidificarase no exterior.
Xirando sobre si mesma, fabricará arredor do seu corpo un casulo cun único fío de seda de ata 1.500 m. de largo. Tarda entre 2-3 días. O vaciamento das glándulas de seda incita á pupación, que dura arredor de 20 días.

8/5/12

As localidades.

Nesta unidade de coñecemto do medio estudiamos as diferencias entre as distintas localidades, o seu goberno, etc. Nesta páxina web podemos colorear debuxos de vilas, aldeas, cidades,... (preme nas palabras en vermello).

4/5/12

2ª fase das Bombyx mori.

Estamos na fase de larva ou eiruga. Dura entre 30-35 días e xa  estamos rematándoa.

Nesta fase somos o animal que máis come en relación ao tamaño e á duración da vida.

Dende que saímos do ovo (medíamos  2-3 mm.) ata os 7-8 cm que medimos ao final desta fase é moito o que temos que comer para medrar tan rápido e ademáis, nas outras fases non comeremos nada e necesitamos reservas.

Fixemos  4 mudas e xa temos 12 aneis. Nuns días empezaremos a fabricar os casulos e xa estaremos na 3ª fase.