31/5/13
Máis casulos.
Mirade cantos hai xa !
Todas as mañás, ao chegar, o primeiro que facemos é mirar as novidades nas caixas das eirugas.
29/5/13
O lapis de Rosalía.
28/5/13
Maxia outra vez.
27/5/13
Contando historias.
Aquí tedes dúas estupendas montaxes realizadas polas profes Pacucha e Conchi con alumnado do noso ciclo.
Que ben quedaron!
24/5/13
Primeiro casulo.
Empezamos a 3ª fase, crisálida ou pupa.
Despois das 4 mudas na anterior fase de eiruga, de acadar os 7-8cm de lonxitude, empezan a fabricar o casulo da fase de pupa.
Os casulos poden ser de diversas cores, pero teñen a mesma forma.
Empregan o almidón das follas da moreira, transformado en dextrina polo seu metabolismo, para producir o fío de seda.
Xirando sobre si mesmo, fabrica arredor do seu corpo, un casulo oval formado por un único fío de seda de ata 1.500m de lonxitude.
o proceso levarálle de 2 a 3 días.
Na fase de pupa estará arredor duns 20 días.
20/5/13
Parque Educación Viaria- Museo do Humor.
O mércores pasado os dou primeiros fomos de visita ao Museo do Humor e ao Parque de Educación Viaria, do Concello de Fene.
Os compañeiros de 2º, tiveron que deixalo para máis adiante por culpa do mal tempo.
Foi unha saída estupenda, na que aprendimos un montón de cousas e ademáis pasámolo moi ben.( Ao subir ao autobús, de volta, algún dicía de volver pola tarde...)
18/5/13
De verso en verso.
Aquí tedes a estupenda montaxe, que fixo a profe Yolanda, cos poemas preparados por todos os cursos para homenaxear a Vidal Bolaño.
Noraboa a tod@s!!
16/5/13
Letras galegas 2013.
8/5/13
As tartarugas de Infantil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)