Esta semana todo primeiro ciclo fomos ao museo da Natureza da SGHN en Ferrol.
Nas súas salas de bioloxía mariña e terrestre descubrimos e aprendimos un montón de cousas:
a importancia das pegadas e as cacas dos animais, os fósiles, diferencias nas mandíbulas dos carnívoros e os herbívoros, non ter como mascotas animais exóticos, ...
Hai cousas sorprendentes: a superlura xigante, a reproducción a tamaño real dun calderón, as mandíbulas dunha balea,os fósiles de zifios de 15 millóns de anos,....
Xosé, o noso guía, deunos unha clase maxistral; moitas grazas de todo primeiro ciclo de Ares!
No hay comentarios:
Publicar un comentario