27/4/12

II Xornadas de Educación Viaria.

Dentro das actividades preparadas pola Policía local e Protección civil para 3º ciclo e ESO, tamén para o resto do alumnado fixeron hoxe unha mostra do parque móbil do que dispoñen.
Deixáronnos subir a todas as unidades.

24/4/12

As Meninas de Canido.

Cando fixemos a visita ao museo da Natureza, mentras esperabamos aos compañeiros, aproveitamos para ver unha exposición de fotos das Meninas de Canido no Torrente Ballester.

O propio autor,Pepe Higuero, explicounos as súas fotos das Meninas de Canido.
Vimos nunha sala do museo unha recreación da escena do cadro que nos transportou ao s.XVII.

Agora, no cole estamos vendo videos , facendo actividades plásticas, etc. para saber máis deste cadro
e o seu autor. Estas son as nosas versións da infanta Margarita de Velázquez e de Picasso.




Nesta visita virtual a infanta Margarita é a nosa guía(clica no nome da infanta e disfruta da visita).

17/4/12

As nosas Bombyx mori.

O que medraron xa dende os 2 ou 3 mm que medían ao saír dos oviños. Nesta fase de larva van facer 4 mudas. É o animal que máis come tendo en conta o seu tamaño e a duración da súa vida.

14/4/12

Museo da Natureza.

Esta semana todo primeiro ciclo fomos ao museo da Natureza da SGHN en Ferrol. Nas súas salas de bioloxía mariña e terrestre descubrimos e aprendimos un montón de cousas:
 a importancia das pegadas e as cacas dos animais, os fósiles, diferencias nas mandíbulas dos carnívoros e os herbívoros, non ter como mascotas animais exóticos, ...

Hai cousas sorprendentes: a superlura xigante, a reproducción a tamaño real dun calderón, as mandíbulas dunha balea,os fósiles de zifios de 15 millóns de anos,....

Xosé, o noso guía, deunos unha clase maxistral; moitas grazas de todo primeiro ciclo de Ares!

Un pequeno resumo do que vimos feito por compañeiros de 1º.

4/4/12

Naceron as eirugas!

O venres 30 de marzo, antes de marchar de vacacións, miramos as caixas para ver se saíran as eiruguiñas.

Xa estaban todas buscando comida desesperadamente.
Puxémolas nunha nova caixa con follas de leituga para empezar (aínda non tiñamos follas de moreira).

Parece imposible que duns oviños que puxeron as bolboretas a primavera pasada saian agora unhas eirugas cheas de vida.

A Natureza e os seus prodixios!!