31/1/13

Día escolar da Paz .

 
A pomba dona Paz chegou á nosa biblioteca para falarnos dunha morea de cousas desagradables, que viu nas súas viaxes:fame, miseria, guerras, inxustizas,...
  
Tentou falar cos maiores para cambiar o mundo, pero non quixeron escoitala porque lles importaba máis o diñeiro.
Daquela, pensou que se falaba cos nen@s o conseguiría, porque son o futuro.
Moitas grazas aos compañeiros de 6º que nos leron o conto e nos agasallaron con pegatinas..

Preparamos tamén murais que recollen as nosas reflexións sobre o conto.

 
 

29/1/13

Queremos un patio de recreo con xogos e parque infantil!!!

 
Na visita ao cole de A Capela, vimos que ademais dun patio cuberto cheo de xogos (para os días de mal tempo), teñen un fermoso xardín con zonas verdes, bancos,...e un parque infantil moi ben dotado.
 
O noso colexio, con todo o alumnado de infantil e primaria que ten, debería ter outro máis grande ou polo menos similar.
 
Os cativos de Ares meréceno!!

25/1/13

Brinquedos-2013.

Todo 1º ciclo fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro de visita ao seu centro de interpretación de xogos tradicionais-Brinquedos.

Para os de 1º curso, era a nosa primeira visita e xogamos a:
á cadea, cacerola, ó peón, á corda, á mariola, ás chapas, aos zancos e zorregada co cinto.

Os compañeiros de 2º, coma xa era a segunda vez, fixeron outros seis xogos diferentes:
o aro, pita cega, carreiras de sacos,tres en raia,....

Pasámolo estupendamente e agora, no noso recreo, queremos fisfrutar dos xogos que aprendimos.
Moitísimas grazas aos alumnos de 2º e ao profe Xavi  do cole de A Capela por ser tan amables con todos nós!

11/1/13

Lobo feroz

Empezamos a estudiar os animais.
Esta canción ten de protagonista a un carnívoro.

Aquí tedes xogos de Anaya para repasar (premede na palabra en vermello).
Ou neste Anaya 2º.