12/5/16

VISITA DOS NENOS DE 1º Á PLANTA DE TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE AGUA

Neste vídeo exponse o proceso de tratamento e depuración de auga a través das imaxes obtidas durante a visita dos nenos de 1º a unha planta depuradora.

VARIACIÓNS SOBRE O GRITO DE MUNCH

Queremos amosar todo o traballo feito na nosa clase de 1º durante este ano. Esta é a 3ª Convocatoria internacional de arte postal que facemos dende o noso cole CPI Conde de Fenosa (Ares) e que leva por lema "hay un artista en ti: aRte-SOS". Con ela tentamos resaltar a importancia das artes no noso crecemento e na nosa formación e ademais facer un chamamento para reciclar e coidar o medio ambiente. Este ano as artes postais que fixemos foron sobre o "Grito de Mucnh" e quixemos interpretalas á nosa maneira e facer tamén un emocionario. Para elo creamos uns collages con moitos materiais de refugallo: teas, moedas, cartóns, pinturas, rotus, lás.... a ver se vos gustan coma a nós.

CONVOCATORIA DE ARTE POSTAL MENINAS DE CANIDO

Os nenos de 1º do CPI Conde de Fenosa estiveron facendo unhas artes postais para participar na convocatoria de mailart que se está a celebrar no barrio de Canido en Ferrol e que leva a cabo Carlos Botana en colaboración con Eduardo Hermida, que é o responsable deste proxecto artístico. Cada menina "pensada" leva unha mensaxe. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

LIPDUB VILA SOÑARES

O proxecto de Vila SoñAres comezou cun obxectivo básico e fundamental, fomentar a inclusión, neste caso, das persoas xordas, desenvolvendo capacidades de empatía e cooperación coma inicio do camiño cara ao respecto e á maravillosa diversidade. Todos necesitamos a comunicación e a lingua para construir o pensamento, organizar o mundo que nos rodea e interactuar. Para a gran maioría das persoas xordas a ferramenta para adquirir todo iso é a Lingua de Signos. Gracias a colaboración de todos os profesores e en especial do alumnado do CPI Conde de Fenosa, puidose comezar a SOÑAR nun mundo sen barreiras, tanto visibles como invisibles, as cales non nos deixan medrar, compartir e descubrirnos.

aRte-SOS

Vídeo de presentación da 3ª convocatoria internacional de arte postal que se está a celebrar no CPI Conde de Fenosa na que nenos de primaria convidan a toda a comunidade educativa a participar nela.