12/3/13

8 de marzo.


Traballamos o retrato feminino en homenaxe ás mulleres.
Fixámonos na forma das caras, dos ollos, dos beizos, do nariz,...
fixémoslles distintos peiteados e así quedaron.

6/3/13

150 aniversario de Cantares Gallegos .



Para celebrar este aniversario da obra de Rosalía de Castro, que inicia o Rexurdimento, fixemos un mural con versos da poetisa copiados e ilustrados por nós. Tamén os estamos aprendendo de memoria para recitalos.
Completámolo co seu retrato feito con anaquiños de papel de revista.
Gústanos como quedou!

5/3/13

Máis animais.



E para rematar cos animais por este curso, fixemos animais da sabana e da xungla, da Antártida, aprendimos a debuxar osos, xirafas,etc.