21/2/13

Mi burro enfermo está.

No libro de lengua castellana limos o poema "El burro enfermo" que é unha das moitas versións desta canción infantil.

Poñemos aquí a versión de Rosa León para que a cantedes.

19/2/13

O moucho chosco.

Fermosísima canción do audio- libro Tic-Tac de Pablo Díaz e a súa banda.As ilustracións son de Marc Taeger e a editorial é Kalandraka.


10/2/13

Antroido 2013.

Este venres celebramos o Antroido no colexio.

O motivo elexido foi debuxos animados.

En primeiro ciclo fomos de Zipi-Zape os de 1º e de Mortadelo e Filemón os de 2º.

Tamén había Picapedras, Bob esponxa, Phineas e Ferb, Simpson, etc...

Todos os cursos de primaria e infantil saímos, coma en anos anteriores, polas rúas da vila.

O tempo non nos permitiu facer o percorrido completo e tivemos que voltar antes de tempo.

Xa no cole, comimos orellas de Antroido e chuches.






(Moitas grazas á nai de María que nos pasou as fotos da saída polas rúas).



7/2/13

O Quebranoces.

Hoxe fomos oito cursos de primaria (de 1º a 4º) ao pazo da Ópera para asistir á representación do Quebranoces .

O padriño de Clara agasállaa cun quebranoces na cea de Noiteboa; seu irmán rómpeo.
Pola noite, Clara decide durmir co boneco roto e soña...


Foi estupendo ver aos bailaríns no escenario e escoitar á orquestra en directo.


Se o queredes ver en debuxos:


6/2/13

Zipi Zape.

Este ano os de 1º imos disfrazados de Zipi- Zape.
Xa temos todo listo despois de colorear, recortar, pegar, poñer plastilina,facer probas, etc, etc. Tamén vimos unha peli deles, porque a maioría non coñeciamos a estes irmáns.
Agora coñecémolos ao detalle e ata os debuxamos.
O venres disfrazarémonos!

4/2/13

Pazo da Ópera.

O vindeiro xoves imos ao pazo da ópera de A Coruña , para disfrutar da versión escénica para nenos do famoso "O quebranoces " de Chaikovski, interpretado pola Orquestra Sinfónica de Galicia e o Centro Coreográfico Galego.