30/4/14

Hai un artista en ti

Os nenos e nenas de 2ºB participamos no certame de "HAI UN ARTISTA EN TI". O noso traballo consistiu na reproducción do Globo de Betanzos para que, unha vez no aire O ARTE poida chegar a todo o mundo. Na súa elaboración empregamos materiais reciclables: caixa de cartón, gorro de baño, papel de embalaxe, cartón, la... Para participar no certame os traballos tiñan que ser enviados a través de correos, cuñados e selados. Nós fomos ata a Oficina de Correos de Ares e alí, a empregada pesouno e púxolle o selo para poder remitilo ao seu destinatario. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

As lectoras do Día do Libro

Con motivo do Día do Libro as nenas Carmen e Paula de 6ªB, léronnos o conto de "A merla e o raposo".Mandáronnos facer un debuxo sobre o que máis nos gustou do libro. Para premiarnos trouxéronnos un regalo a cada neno e nena de 2ºB por participar. Gustáronnos moito!

29/4/14

Unha manchea de bicos.

Este é o título do fermoso conto que nos leron dúas compañeiras de 6º. Agasalláronnos tamén cunha ilustración da portada. En agradecemento, polo seu agasallo e lectura, démoslles unha manchea de bicos! Moitas grazas compañeiras.

25/4/14

Día do libro 2014.

Un libro para nós é moitas cousas!! Todas marabillosas!! Con estes pareados explicámolo.

Primavera-2014

Para a decoración da porta inspirámonos nos recortables de Matisse. Primeiro practicamos con revista vellas, e logo xa fixemos os recortables con papel charón. Tamén traballamos a obra "A primavera" de Arcimboldo.

24/4/14

Fantasmagorías no MAC.

Todo 1º ciclo participou neste proxecto do MAC da Coruña. Comezamos cun paseo pola exposición temporal "O espírito do lugar" que reúne unha trintena de obras paisaxísticas da colección Gas Natural Fenosa. O plantexamento didáctico escollido daba protagonismo ao espírito frente ao lugar. Na aula descubrimos que os proxectores non teñen por que ser sempre caros ou sofisticados, e que os podemos facer con elamentos cotiás: lanternas, tubos de cartón, lentes de plástico, etc. Con eles proxectamos os nosos retratos, siluetas, etc. No salón de actos, completamos a visita cunha mostra de imaxes da lanterna máxica e unha peli de Casper.

21/4/14

Eirugas da seda (2014).

Outro curso máis temos bombyx mori en 1º ciclo ( xa van 4 cursos). Foron saíndo dos ovos pouco a pouco e por iso hainas de distintos tamaños. As máis adiantadas son as dos compañeiros de 1º. Xa vos iremos contando.

9/4/14

Hai un artista en ti.

Para o certame de arte-postal do cole preparamos o proxecto "Cun tres e un catro fixemos estes retratos". Cada un creou un retrato a partir do 6 e o 4 e cunha técnica mixta. Unha vez empaquetados, co enderezo e remite correspondente, levámolo á oficina de Correos, donde nos atenderon moi amablemente. O paquete chegou onte, e a profe Meli veuno desempaquetar á nosa clase. Gustáronlle moito os nosos traballos e sentímonos moi orgullosos. Unhas semanas antes estivemos falando e recollendo opinións sobre o que é un artista para nós.

7/4/14

Meteoescola 2013-2014.


Neste curso, todo 1º ciclo, segue co proxecto Meteoescola. Cada mañá, miramos a temperatura no termómetro ou no ordenador, observamos como está o ceo e recollemos a información na ficha modelo. Tamén preparamos o calendario de aula e outro moi grande, que colocamos na entrada do cole, para que todos o vexan. Seguimos recollendo refráns, adiviñas ou poesías relacionados co tempo, os meses ou as estacións.