23/6/14

Despedida de ciclo.

Os compañeiros de segundo e as súas titoras deséxanvos unhas boísimas vacacións de verán e despídense porque agora xa son de 3º.
 Con esta montaxe recordamos algúns dos mellores momentos que disfrutamos xuntos .
Grazas a todo o profesorado e coidadora que nos acompañou nestes dous cursos.
Unha forte aperta do oso para todos.
Foi estupendo!!

22/6/14

Premios e diplomas.



 Este venres, no pavillón, recibimos o 1º Premio do Programa Meteoescolas.
Todos os cursos participantes, dende infantil ata ESO temos un Diploma acreditativo para as nosas aulas.

Tamén recibimos os diplomas pola participación no Certame de Arte Postal.

18/6/14

Camiñata de primavera.

Hoxe fixemos unha boa camiñata.
 Subimos ata a igrexa de Santa Olalla de Lubre para ver unha das construccións máis antigas do concello.

Xa aparece na relación de igrexas que mandou facer o rei Afonso II no ano 830 e tamén se cita na Historia Compostelana do s.XII.
Fixámonos na torre, no ábside, nos muros e contrafortes, nos arcos, bóveda, ventás,...
Coincidimos cunha excursión de persoas maiores e poidemos ver o interior.
Merendamos alí, aproveitando a sombra.
 Seguimos o paseo por Lubre observando a flora e  as paisaxes; collimos o camiño da costa para poder ver as illas Mirandas.
 Ía bastante calor, pero corría unha airexa fresquiña .
 Dende alí xa fomos ata o Porto e volta á escola.

 Fomos uns campións e ninguén se queixou, aínda que falabamos dos moitos kilómetros percorridos!

 Mirade esta montaxe da profe Yoli sobre a igrexa.

 

11/6/14

1º premio Meteoescolas.

O noso cole gañador do 1º premio do proxecto meteoescolas do presente curso.
 O pasado curso conseguimos o 2º premio, e agora superámonos!

Parabéns para todos os cursos e mestr@s implicados e para o profe Jorge, coordinador do proxecto.
 E a seguir disfrutando do proxecto!

Aquí tedes un resumo do traballo do noso ciclo.


10/6/14

Teatro.

Onte no Casino vimos a obra "A súa vida" do grupo Leda Teatro. A parella de actores representou a vida de dous nenos que nacen o mesmo día e que ao ir medrando van atopándose na escola, na pandilla, no amor,... Rímonos moito!

6/6/14

Viraventos e foguetes.



Despois do obradoiro de Ciencia en ruta, quedamos tan entusiasmados que quixemos facer cadanseu foguete e puxémonos a elo.
 Tamén fixemos, coa axuda dos pais ou avós, uns viraventos moi chulos.

 Na presentación pódese ver como quedaron.

As bolboretas.


Xa saíron as primeiras bolboretas e xa temos os primeiros ovos.
 Como foi un ano tan raro, no que foron saíndo tan espaciadamente dos oviños, agora mesmo estas bolboretas conviven con eirugas e con pupas.
Nas caixas temos de todo!

 Buscamos en Internet información para ver a transformación dos casulos en seda. Aquí tedes un vídeo: