27/2/14

Semana de Rosalía.

Nesta semana, adicada a Rosalía, escollimos algúns dos seus versos, copiámolos, decorámolos con flores e aprendímolos para recitar. Rematamos montando un mural. E aquí tedes a fermosa montaxe que nos preparou a profe Yoli cos nosos recitados.

25/2/14

Disfraces listos.

Este ano o Antroido do cole está adicado ás actividades artísticas. No noso ciclo escollimos o cine( o 7º arte); recrearemos a rodaxe da película " Piratas do Caribe". Con bolsas do lixo, xornais vellos, caixas baleiras de cereais, pinturas, papel de aluminio,...e moitas ganas fixemos estas chuladas.

12/2/14

1ª semana da froita.

Rematamos a primeira semana da froita do programa de consumo de froitas no recreo (este curso teremos dúas semanas máis). Comimos mazás, mandarinas, plátanos, peras. Todas ben ricas e nutritivas!!

7/2/14

Coñecendo a Keith Haring.

Keith Haring (1958-1990) foi o máis importante graffiteiro dos anos 80 nos EE.UU. Este artista reflexa nos seus traballos a cultura das rúas do New York dos 80. Agora xa coñecemos algunhas das súas obras: o canciño, o golfiño, os seus humanos, o corazón,...

4/2/14

Paisaxes.

Despois de ver a exposición do paisaxista Imeldo Corral, traballamos dúas paisaxes súas en 2º e en 1º pintamos unha paisaxe con pinturas e papeis. Aquí tedes unha mostra.

2/2/14

Paz e Non violencia todos os días.

Non queremos un único día, pensamos que é cousa de todos os días. Por iso temos unha estupenda receita para conseguilo. Os ingredientes son doados de atopar: bicos de amor, cuncas de apertas, cazos de axuda, culleradas de compartir, pingas de sorrisos,...e algún ingrediente persoal que lle queiramos engadir. Proba e verás!