29/5/14

Pleno no Concurso de portadas.

O 1º ciclo de primaria obtivo un pleno no "Concurso de portadas en galego".
Aquí tedes a relación de premios:
 
     Categoría 1º Ciclo de primaria:
                                       Marcos Pérez 2ºA
                                       Nerea Salido 2ºA
                                       Jairo García 2ºA

     Categoría portada en grupo:
                                      Finalistas: 1ºA, 1ºB, 2ºB
         

                 Noraboa a tod@s! (ás profes tamén).

28/5/14

Certame de arte postal.





Visitamos a exposición do Certame de Arte postal "Hai un artista en ti".
Vimos obras de todo o mundo xunto  a unha ampla participación do noso colexio (alumnado e profesorado).
Gustounos moitísimo a mostra e tamén participar nela.
Parabéns ás profes Meli e Lara polo seu estupendo traballo de organización!



Tamén aproveitamos para ver a exposición do "Concurso de portadas en galego",que está exposta nas escaleiras do edificio de  primaria.
Temos o cole cheo de ARTE!
Somos artistas.



24/5/14

Ciencia en ruta.

Onte, todo primeiro ciclo, participou nun obradoiro de foguetes de auga.
Os monitores de Ciencia en Ruta convertiron o noso cole na Axencia Espacial Conde de Fenosa de Ares. Despois dunha introducción teórica na que falamos do espacio, da Física e algunhas das súas leis, de Isaac Newton,... fixemos equipos, eleximos portavoces e empezamos a construir os nosos foguetes con botelllas de plástico, cartón, cartolina e pouco máis.

 Logo dun intenso traballo en equipo, os foguetes estiveron listos e preparados para o lanzamento.
 Foi IMPRESIONANTE!!!
Que velocidade e altura acadaron!
 Foi un obradoiro xenial. Encantounos.

19/5/14

Meteoescolas.

Aquí tedes a montaxe que preparou o profe Jorge, co traballo do noso ciclo, para a memoria do proxecto Meteoescolas deste curso.
 Fantástica!!

17/5/14

Letras Galegas- Díaz Castro.


Co poema "Esmeralda" de Díaz Castro fixemos o mural de 1º ciclo.

 Herba pequerrechiña
 que con medo sorrís
 ao Sol que vai nacendo
 e morrendo en ti.
 Por que de ser pequena
 te avergonzas ti?
 O universo sería
 máis pequeno sen ti! 
O traballo en equipo sempre dá bos resultados, e quedounos un mural fabuloso!

 Aprendimos tamén e cantamos a canción "Esa lus" que nos encanta.

Cantas cousas fixemos para celebrar as nosas Letras!!

 

16/5/14

Remuíño de Díaz Castro.



Estes días na nosa aula encontráronse dous artistas: Díaz Castro e Matisse.
 Pensamos se sería posible xuntalos.
 Decidimos que sí; coma dicía Díaz Castro a beleza acaba ferindo aos artistas.
Arredor do poema "Remuíño" xiran as meigas inspiradas nos retratos de Matisse.

 Ti, cabelos de ouro e de aire,
 nena, en que ceo te vin?
Chuchoume unha meiga os ollos,
 ti xa non es metá de ti.

Exposición do traxe:


Hoxe visitamos a estupenda exposición do traxe da biblioteca.
 Lemos os letreiriños, fixámonos nas prendas e demais obxectos,etc.
Tamén fixemos mariquiñas e escribimos os nomes das prendas.

 Onte, o recreo foi unha festa con gaita, zanfoña, pandeiro,... música e baile!
 Moitas grazas a tod@s os que fixeron posible isto!

15/5/14

Concurso de portadas en galego.

A biblioteca do cole  xunto co Equipo de Dinamización Lingüística organizou un concurso de portadas de libros en galego. Están expostas nas escaleiras de entrada . Houbo moita participación e traballos ben bonitos. Noraboa a tod@s os participantes!!

10/5/14

Primeiros casulos.

As eirugas xa empezan a fabricar os casulos. De momento só unhas poucas, porque a maioría aínda son pequenas. Na fase larva están arredor de 30 días. Farán varias mudas ao ir medrando. Pasado o mes, e cunha lonxitude de 7-8cm. buscan un lugar tranquilo e empezan a construir o casulo. Durante 3 días irán dando voltas para envolverse nun único fío de seda de aproximadamente 1.500m. Rematado o casulo empeza a fase de pupa. A profe Pacucha trouxo aos compañeiros de infantil a ver as eiruguiñas porque están traballando o conto "The very hungry caterpillar".

9/5/14

Xábrega en 1º ciclo.

Hoxe estiveron con nós varios membros da escola de música da Asociación Cultural Xábrega, entre eles compañeir@s do cole. Presentáronnos os seus instrumentos e interpretaron diversas pezas. Encantounos compartir ese tempo con eles. Son uns artistas!!

8/5/14

O país dos mandóns.

Onte no Casino, o grupo Os Ghazafelhos representou, para toda Primaria, "O país dos mandóns". Esta obra, inspirada no libro do mesmo título das escritoras Paloma Rodríguez e Cristina Justo,fala da igualdade e do reparto das tarefas. Disfrutamos un montón con estes artistas!!

6/5/14

Meteoescolas.

Fixemos esta pequena escolma de refráns meteorolóxicos, aproveitando os que imos copiando diariamente no traballo que facemos para Meteoescolas.