30/11/13

A nena e o grilo nun barquiño.

Este espectáculo músico-teatral ensina toda maxia en vivo do libro-CD do mesmo título. Os dous protagonistas viven un montón de aventuras na súa viaxe de trotamundos . As cancións de Magín Blanco, tocadas e cantadas co seu grupo, e a interpretación de Os Ghazafelhos fixéronnos vibrar durante todo o musical: cantamos, bailamos, acompañamos con palmas,soñamos... Foi un medio máis de valorar a expresión a través das artes: música, teatro, narrativa, poesía,...

29/11/13

Mahán e a cadeira vermella.

Onte, compañeiros de 3º da ESO contáronnos o conto de Mahán e a cadeira vermella. Convidáronnos a reflexionar con eles sobre os Dereitos dos nenos . Mahán é un deses 61 millóns de nen@s do mundo que non teñen dereito á Educación Primaria Universal. Son nenos que só van uns poucos días á escola porque teñen que traballar. Despois do conto, sentados nas cadeiras, vermella que representaba aos nenos que están privados deste dereito e a verde que nos representa a nós, opinamos sobre o que poderían pensar os nenos que pertencen a estes dous mundos . Agasalláronnos con pegatinas e unha cadeiriña vermella para a aula que nos lembrará sempre a estes millóns de rapaces que non teñen a mesma sorte ca nós. Moitas grazas aos compañeiros de 3º da ESO e á profe Yoli!!

16/11/13

Vaia banda!

Este venres, todos os cursos de Primaria, fomos a un concerto en A Coruña. No centro Ágora o grupo de percusión Odaiko e a Banda Municipal entusiasmáronnos co seu espectáculo didáctico "Vaia banda!" Sorprendéronnos cun concerto vivo, participativo,... que nos fixo vibrar ata o final!

8/11/13

As aventuras de Quebranoces.

Hoxe a Asociación Musical Musicreques estivo no cole representando , para infantil e primaria, As aventuras de Quebranoces. Con Clara e Quebranoces fixemos unha marabillosa viaxe musical. Gustounos moitísimo!!

31/10/13

Samaín 2013.

Festexamos o Samaín. Trouxemos fermosas cabazas talladas da casa, fixemos pantasmas, cabazas de papel, murais, debuxos, aprendimos cancións,...

30/10/13

Cabaciñas de papel.

Preparando o Samaín fixemos estas cabazas de papel. Na peli vemos todo o traballo. Somos artistas! E por se queredes ver o conto ou cantar a canción da cabaciña ...

O carballiño.

Para a porta da nosa aula preparamos este carballiño. Ten moitas follas (aínda non lle caeron) e cogomelos no pé. Nesta peli está recollido todo o proceso de creación.. SOMOS ARTISTAS!!

24/10/13

Expo-Meteoro.

Visitamos en secundaria a exposición Expo-Meteoro guiados polo profe Jorge, que nos deu unhas magníficas explicacións dos paneis: a importancia do Sol para a vida, borrascas e anticiclóns, fenómenos extremos, etc. Moitas grazas!!

Galiñas e outros animais.

Nesta montaxe podedes ver outros animais que fixemos en artística. Xornais, revistas e pouco máis.

14/10/13

O PIOLLO E A PULGA

En xuño pasado fixemos a gravación do recitado do romance anónimo "O piollo e a pulga". Aquí está o resultado... Esperamos que vos guste.



Grazas á profe Pacucha por prepararnos esta peli!

8/10/13

Paseo de outono.

Aproveitando o bo tempo, demos un pequeno paseo pola zona de Loureiros, para observar a natureza en outono. Fixámonos nas árbores (froiteiras, de folla caduca, perenne,...), nos froitos, cogomelos, herbas aromáticas, plantas de millo, etc. Tamén recollimos landras, castañas, ourizos, follas, etc. Gustounos moito o paseíño!!

1/10/13

Premio Meteoescolas.

Esta mañá, no Casino, fixéronnos entrega do II Premio de Meteoescolas (correspondente ao pasado curso). Ademais dun premio para o cole, entregáronnos un diploma a cada curso, e un pequeno agasallo para cada alumn@.

26/9/13

VII Manuel Rebón de pintura.

Esta semana todo o alumnado de 1º Ciclo fomos ao CIRS de Cervás para disfrutar da exposición do VII Concurso Manuel Rebón de pintura. O concelleiro de cultura deunos a benvida e fixo unha pequena presentación. Había máis de 40 cadros de pintores de toda Galicia, de diversas técnicas, estilos, etc. Nós tamén fixemos de xurado e falamos dos que máis nos gustaban.





Manuel Rebón - presentacion imagenes

19/9/13

Outras linguas.


Falamos das linguas doutros países, das que estamos aprendendo,etc. Aquí tedes unha famosa canción para aprender partes do corpo en Inglés. Estoutra en Portugués.

24/6/13

Fin de curso 2013.

O venres despedimos o curso. Primeiro vimos a película "La maldición de las brujas" , logo xogamos, pintamos e despois do recreo preparamos a festa. Ao final baixaron os maiores, de 2º e 3º ciclo, ao noso corredor e tras deles tamén foi todo 1º ciclo. Felices vacacións para todos!!

20/6/13

Química e tecnoloxía cos maiores.

Os profes de secundaria Jorge e Dani, xunto con algúns alumnos, preparáronnnos unha visita para compartir con eles experimentos de química e un montón de cousas de tecnoloxía: Unha "guerra entre ácidos e bases", a dureza da auga da Xunqueira, circuitos eléctricos, maquetas, ferramentas, a resistencia dunhas pontes feitas con pauiños,... Foi unha pasada!! Moitas GRAZAS aos profes e aos seus alumnos. ENCANTOUNOS!

Xa temos bolboretas!

Ao saír da crisálida a bolboreta rompe o casulo cunha secreción aceda capar de destruir a seda. No tempo que vivirá(de 3 a 15 días) non se alimentará e só buscará parella. As femias expulsarán un líquido de cor entre laranxa e marrón. Na cópula intercambiarán material xenético e despois o macho buscará outra parella. A femia adicaráse á posta, na que pegará os ovos cun potente adhesivo e despois morrerán. A vida de adulto dura moi pouco. Destes ovos , na próxima primavera , sairán outras eiruguiñas e volta a empezar!!

14/6/13

Hai un amigo en mí.

Este é o título da obra de teatro producida polos compañeiros de 2º xunto coas profes Meli e Lara. Fixérono todo: escribiron a obra, prepararon decorados,... Gustounos tanto que non parábamos de dicir: " Outra, outra". Noraboa a toda a compañía!!

13/6/13

Pinocho.

Onte vimos na biblioteca a película de Disney de 1940 " Pinocho". É unha reliquia, pero gustounos moito. Estivemos super atentos!

7/6/13

Antón Cortizas no noso cole!

Despois de que os compañeiros de 5º nos contaran o conto, de lelo na clase e de debuxar a Rosalía e facer con collage aos seus amigos, só quedaba coñecer ao autor. E, por fin, antonte estivo no noso cole o escritor Antón Cortizas. Con 1º ciclo decidiu facernos preguntas sobre o "Lapis de Rosalía", que tanto nos gusta, e contarnos algún segredo sobre Rosalía. O tempo que pasamos con el foi estupendo. Quedamos convidados a ler libros de Antón!