Neste curso, todo 1º ciclo, segue co proxecto Meteoescola.
Cada mañá, miramos a temperatura no termómetro ou no ordenador, observamos como está o ceo e recollemos a información na ficha modelo.
Tamén preparamos o calendario de aula e outro moi grande, que colocamos na entrada do cole, para que todos o vexan.
Seguimos recollendo refráns, adiviñas ou poesías relacionados co tempo, os meses ou as estacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario