24/6/12

Festa de fin de curso.

O venres despedimos o curso no pavillón primaria e secundaria xuntos.
Alumnado de secundaria bailou varias coreografías e as campionas galegas de ximnasia rítmica presentáronnos os seus exercicios.
Foi unha celebración de recoñecemento para o alumnado que acadou premios ,tanto académicos coma deportivos. Noraboa a tod@s!!

23/6/12

Despedida de ciclo.

O pasado xoves os dous segundos fixemos unha festa de despedida de ciclo.
Xa somos de 3º!!
Despois do verán, cambiamos de ciclo, de aulas, piso e profes.
Unha chea de cambios!!

21/6/12

Os viraventos.

No libro de Coñecemento viñan as instruccioóns para facer un viraventos. Coa axuda de nais e pais e incluso d e avoas e avós fixemos esta colección de tarabelas.

Algunhas voaban que daba xenio!!

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración!

Figura e retrato.



Traballamos a figura tamén cos bonecos pauiño, que son moi graciosos e nos gustan moito.

E para o retrato fixemos un estudio do autorretrato de Frida Kahlo "Pensando na morte", pero decidimos cambiarlle os  pensamentos e pintámola pensando nas flores, no amor, na primavera, etc.

Algún tamén a fixo enfadada.

10/6/12

Visita aos bombeiros.

Os catro cursos fixemos unha visita aos bombeiros de Ferrol.

Ademais de falarnos do seu traballo e ensinarnos as instalacións: sala de control, ximnasio, cociña, comedor, etc,

mostráronnos todo o equipo que deben levar cando teñen que apagar un incendio, os camións, a barra pola que baixan, etc.

Todo ben interesante e os bombeiros moi amables con nós.

9/6/12

Crisálida- bolboreta.

O pasado luns xa atopamos algunhas bolboretas. Ao saír da crisálida, a bolboreta rompe o casulo cunha secreción aceda que separa os fíos da seda. Nos 3-7 días que vivirá a bolboreta non se alimentará, só buscará parella para efectuar a posta de ovos. As femias expulsan un líquido alaranxado, son máis grandes e moven menos as súas ás. As bolberetiñas non voan. Os oviños esperarán ata a primavera que vén. E volta a empezar!!

2/6/12

Carnaval dos animais.

Este xoves, case toda primaria e infantil, fomos ao conservatorio de Caranza para disfrutar dun concerto.

@s profes do conservatorio interpretaron o "Carnaval dos animais" de Camillle Saint-Saëns.
Unha chea de animais desfilaron polo escenario ao compás da música: elefante, burros, cisne, paxariños, peixes,...

Gustounos tanto que ao remate pedimos máis e aplaudimos con entusiasmo aos músicos.
Se queredes disfrutar da música outra vez aquí tedes este video.