24/6/13

Fin de curso 2013.

O venres despedimos o curso. Primeiro vimos a película "La maldición de las brujas" , logo xogamos, pintamos e despois do recreo preparamos a festa. Ao final baixaron os maiores, de 2º e 3º ciclo, ao noso corredor e tras deles tamén foi todo 1º ciclo. Felices vacacións para todos!!

20/6/13

Química e tecnoloxía cos maiores.

Os profes de secundaria Jorge e Dani, xunto con algúns alumnos, preparáronnnos unha visita para compartir con eles experimentos de química e un montón de cousas de tecnoloxía: Unha "guerra entre ácidos e bases", a dureza da auga da Xunqueira, circuitos eléctricos, maquetas, ferramentas, a resistencia dunhas pontes feitas con pauiños,... Foi unha pasada!! Moitas GRAZAS aos profes e aos seus alumnos. ENCANTOUNOS!

Xa temos bolboretas!

Ao saír da crisálida a bolboreta rompe o casulo cunha secreción aceda capar de destruir a seda. No tempo que vivirá(de 3 a 15 días) non se alimentará e só buscará parella. As femias expulsarán un líquido de cor entre laranxa e marrón. Na cópula intercambiarán material xenético e despois o macho buscará outra parella. A femia adicaráse á posta, na que pegará os ovos cun potente adhesivo e despois morrerán. A vida de adulto dura moi pouco. Destes ovos , na próxima primavera , sairán outras eiruguiñas e volta a empezar!!

14/6/13

Hai un amigo en mí.

Este é o título da obra de teatro producida polos compañeiros de 2º xunto coas profes Meli e Lara. Fixérono todo: escribiron a obra, prepararon decorados,... Gustounos tanto que non parábamos de dicir: " Outra, outra". Noraboa a toda a compañía!!

13/6/13

Pinocho.

Onte vimos na biblioteca a película de Disney de 1940 " Pinocho". É unha reliquia, pero gustounos moito. Estivemos super atentos!

7/6/13

Antón Cortizas no noso cole!

Despois de que os compañeiros de 5º nos contaran o conto, de lelo na clase e de debuxar a Rosalía e facer con collage aos seus amigos, só quedaba coñecer ao autor. E, por fin, antonte estivo no noso cole o escritor Antón Cortizas. Con 1º ciclo decidiu facernos preguntas sobre o "Lapis de Rosalía", que tanto nos gusta, e contarnos algún segredo sobre Rosalía. O tempo que pasamos con el foi estupendo. Quedamos convidados a ler libros de Antón!