30/11/12

As nosas casas.

Arredor desta unidade de Coñecemento do Medio fixemos unha morea de cousas:

vimos videos de Youtube,

buscamos fotos en revistas para preparar murais,

fixemos casas co tangram e de papiroflexia,
traballamos poemas, contos,

 coñecimos a Van Gogh e o seu cuarto,...


22/11/12

A que sabe a Lúa?

Hoxe todo 1º ciclo fomos á aula de usos múltiples para ver a representación do conto A que sabe a Lúa? que nos fixeron os compañeiros de 4º de ESO.

Gustounos tanto que ao remate pedimos máis e quedaron en preparar outro conto para máis adiante.

Dámoslles as grazas por compartir con nós este fermoso conto!


20/11/12

Vexo...

 
 
Atopades o elefante?

O magosto do cole.

 
O pasado venres celebramos o magosto no noso cole.
A castaña foi a protagonista: comímola asadiña, fixemos unhas coroas de outono, preparamos os cucuruchos ou as bolsas, fixemos collages,...

16/11/12

Teatro dos Ghazafellos.

Onte fomos ao teatro a Narón 1º, 2º e 3ºde primaria.
Vimos a obra Bon appetit da compañía Teatro dos Ghazafellos.
Tres cociñeiros franceses, De la Sardini, Toucignom e Berenxen, preparan tres pratos e unha sobremesa do libro A cociña galega de Álvaro Cunqueiro.
Durante a preparación da empanada de zamburiñas, o polbo á feira, o lacón con grelos e as filloas de anís, ocorren tantas peripecias, que a risa e a gargallada foron continuas.
Gustounos moitísimo!!

12/11/12

Semana da froita.

Acabamos de celebrar a semana da froita no noso cole.
Cada día tiñamos unha froita para o recreo: mazá, mandarina, ameixa, pera e plátano.
Sabemos que as vitaminas son importantes para estar sans e aínda que algunha froita non nos gustase, fixemos un esforzo e comimos unha pouca.
Cadrounos moi ben en 1º ciclo como remate do estudio dos alimentos. Fixemos murais, debuxos, etc. Sabemos que debemos coidar a nosa alimentación e procurar que sexa variada!


10/11/12

Vexo...

Este pallaso perdeu o seu canciño. Es quen de atopalo?
O debuxo é de principio do século pasado. Estes pasatempos non pasan de moda!
Podedes atopar máis en Galería de Museo Ilusionario.

9/11/12

Teatro en Narón.

O vindeiro xoves 1º, 2º e 3º imos ao teatro ao auditorio de Narón.
Veremos a obra Bon appétit do grupo Teatro dos Ghazafellos; se queredes saber de que vai premede nas palabras destacadas.

1/11/12

Samaín 2012.

Onte, no cole, celebramos o Samaín.
Os de 1º ciclo fixemos moitas cousiñas: trouxemos preciosas cabazas talladas e decoradas, fixemos murais, pantasmas, carautas de medo, esqueletos, espantallos,...
No recreo unha bruxa boa preparou unha mostra de contos de medo que nos encantou!
Tamén fixemos un percorrido polos corredores do cole para ver as decoracións de Samaín dos outros ciclos, que estaban estupendas!