Os nenos e nenas de 2ºB participamos no certame de "HAI UN ARTISTA EN TI". O noso traballo consistiu na reproducción do Globo de Betanzos para que, unha vez no aire O ARTE poida chegar a todo o mundo.
Na súa elaboración empregamos materiais reciclables: caixa de cartón, gorro de baño, papel de embalaxe, cartón, la...
Para participar no certame os traballos tiñan que ser enviados a través de correos, cuñados e selados. Nós fomos ata a Oficina de Correos de Ares e alí, a empregada pesouno e púxolle o selo para poder remitilo ao seu destinatario.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario