12/5/16

VARIACIÓNS SOBRE O GRITO DE MUNCH

Queremos amosar todo o traballo feito na nosa clase de 1º durante este ano. Esta é a 3ª Convocatoria internacional de arte postal que facemos dende o noso cole CPI Conde de Fenosa (Ares) e que leva por lema "hay un artista en ti: aRte-SOS". Con ela tentamos resaltar a importancia das artes no noso crecemento e na nosa formación e ademais facer un chamamento para reciclar e coidar o medio ambiente. Este ano as artes postais que fixemos foron sobre o "Grito de Mucnh" e quixemos interpretalas á nosa maneira e facer tamén un emocionario. Para elo creamos uns collages con moitos materiais de refugallo: teas, moedas, cartóns, pinturas, rotus, lás.... a ver se vos gustan coma a nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario