12/5/12

Facendo os casulos.

Por fin, este venres ao chegar ao cole atopamos os primeiros casulos. De momento só hai dous nunha caixa e dous noutra. O luns seguro que atoparemos moitos máis! Xa empezabamos a estar preocupados porque agora comen moitísimo e non hai follas
de moreira que lles cheguen.
3ª fase -CRISÁLIDA.
As orugas buscan un lugar seco onde fabricar o casulo para a fase de pupa ou crisálida.
Os casulos poden ser brancos, amarelos, verdes, vermellos, laranxa,...
A larva emprega o almidón das follas de moreira transformado en DEXTRINA polo seu metabolismo, para producir fío de seda. O material líquido no interior do seu corpo, solidificarase no exterior.
Xirando sobre si mesma, fabricará arredor do seu corpo un casulo cun único fío de seda de ata 1.500 m. de largo. Tarda entre 2-3 días. O vaciamento das glándulas de seda incita á pupación, que dura arredor de 20 días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario