24/5/13
Primeiro casulo.
Empezamos a 3ª fase, crisálida ou pupa.
Despois das 4 mudas na anterior fase de eiruga, de acadar os 7-8cm de lonxitude, empezan a fabricar o casulo da fase de pupa.
Os casulos poden ser de diversas cores, pero teñen a mesma forma.
Empregan o almidón das follas da moreira, transformado en dextrina polo seu metabolismo, para producir o fío de seda.
Xirando sobre si mesmo, fabrica arredor do seu corpo, un casulo oval formado por un único fío de seda de ata 1.500m de lonxitude.
o proceso levarálle de 2 a 3 días.
Na fase de pupa estará arredor duns 20 días.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario